7.2 C
Santa Comba
sábado, abril 27, 2024

Varios alcaldes navegan contra a corrente oficial do BNG

Os alcaldes de Monforte, Bueu, Mondoñedo, Vimianzo e Zas do BNG apostan por candidaturas de unidade que poderían compartir con forzas estatais como Podemos ou IU. A idea choca coa folla de ruta da dirección do BNG que apostan “por romper calquera supeditación á forzas estatais”.

Cristóbal Mourín

Varios alcaldes nacionalistas asinaron o manifesto “Somos Maioría” e apostan por “promover e alentar candidaturas de unidade para as eleccións municipais sublimando a importancia decisiva que teñen os concellos como espazos de transformación e emancipación”.Isto suporía unha porta aberta a alianzas que poderían incluír a BNG, Anova, Podemos ou mesmo Izquierda Unida. Segundo a TVG os alcaldes de Monforte (Severino Rodríguez Díaz), Bueu (Félix Juncal Novas), Vimianzo(Manuel Antelo Pazos) e Zas (Manuel Muiño Espasandín) apoian un documento e defenden que se presenten “candidaturas cidadáns plurais a partir do protagonismo político da cidadanía”.Aínda que non o asinou, o alcalde de Mondoñedo, Orlando González tamén se amosou de acordo coas premisas básicas, na televisión pública de Galicia. A maioría dos rexedores están na liña de Abrente, a corrente minoritaria no BNG, dirixida por Carlos Aymerich.

A dirección do Bloque non está pola laboura

A secretaria de implantación e estratexia municipal do BNG, Goretti Sanmartín rexeitou entrar neste debate porque “é moi cedo para falar de pactos” e opina que “o proceso ten que ser pola base, tendendo pontes” e buscando confluencias.Pero o camiño está marcado. E así o deixou claro o voceiro nacional, Xavier Vence, no día de Galicia, avogando por  “galeguizar os debates e galeguizar as alternativas políticas, pensadas desde aquí e para aquí”. Vence insistiu en “romper calquera supeditación á forzas estatais”, defendendo a unidade de acción arredor dun proxecto nacionalista de esquerdas,” aínda que tendeu a man “a todos e todas as que queiran sachar na gran agra do nacionalismo”. Tamén resultou premonitorio un artigo recente dun dos grandes referentes do nacionalismo e da UPG, Francisco Rodríguez que non se amosou partidario deste tipo de coalicións e amosou a súa discrepancia con Pablo Iglesias.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos