O «Exército Mekemeke» , producido polo xalleiro Carlos Vieito, convértese no primeiro podcast en galego en chegar aos Premios Ondas.
“O Exército Mekemeke” é un videopodcast, que forma parte da grella de Ames Radio. Quedou como un dos finalistas ao Mellor Podcast en Lingua Cooficial do Estado, sendo o primeiro programa en galego en ser nominado aos premios organizados pola Cadena SER e Podimo.
Exército Mekemeke, emisión semanal
O programa, presentado e producido por Carlos Vieito, ten unha duración de trinta minutos e periodicidade semanal. Pode escoitarse na emisora municipal e en plataformas como Spotify ou Youtube. Tamén ten difusión nas redes sociais.
Conta coas colaboracións de Xabier Dios, Lidia Veiga, Miguel Gómez Abad e Antón Rubal.
FOTO PORTADA- AIGI BOGA