A S.D. Castriz está a un paso de cumprir un soño. Podería cantarse o alirón en San Pedro este sábado 13 de abril, no partido adiantado a xornada 26. Desde as 18,00 fronte o Volantes de Baño.
Sebas Rial, un dos veteranos do equipo, máximo goleador da escadra con 19 tantos, no ocultaba a súa ilusión por vivir este momento:
“Ahora que estamos a un pasiño de xogar o partido que levo tanto tempo esperando non podo estar mais orgulloso e feliz de conseguir o que un dia me propuxen e soñei durante tantos anos,porque non hai alegría mais grande que ser campeón rodeado da xente de toda a vida”.
Sería moi bonito poder celebralo na casa pero como apunta Sebas a cuestión e que ser campións:
“Vamos facer campeón este grandísimo equipo, sexa agora ou para a semana, cando toque pero vai ser campeón”.
Como sinalou o adestrador Miguel Chouza en Radio Xallas «este é o primeiro match-ball»

Chamamento da S.D. Castriz
A falta de cinco xornadas a S.D. Castriz presenta uns números impresionantes con 13 puntos de ventaxa sobre o segundo, o Mazaricos. 21 vitorias, dous empates e dúas derrotas.
Desde a directiva da S.D. Castriz agradecen a disposición do Volantes de Baño para xogar o partido o sábado e fan un chamamento para que “todos veñades animar ós nosos rapaces ue están facendo unha tempada como non se recorda outra igual e, si logramos a victoria, poderedes ser parte dalgo que recordaremos para sempre”.

