9.4 C
Santa Comba
viernes, abril 26, 2024

Noticias Val do Dubra. Nadal Solidario, parque industrial e Escola de Música

Axenda. Domingo 11 de decembro

A compañía 𝐋𝐈𝐋𝐀̂ 𝐓𝐄𝐀𝐓𝐑𝐎: representa “O Cachopo máxico” no auditorio municipal de Bembibre. Desde as 18. Para público familiar.

“Ningún neno sen agasallo”

Este vindeiro luns 12 de decembro arranca a campaña de recollida de xoguetes «Ningún neno sen agasallo», que se prolongará ata o 22 deste mesmo mes.

Tanto as persoas que queiran colaborar con doazóns como as persoas que desexen facer uso do banco de xoguetes, deben contactar co departamento de Servizos Sociais do Concello de Val do Dubra.

Expropiacións para o Polígono Industrial

O concello de Val do Dubra aprobou inicialmente o proxecto de expropiación urbanística polo procedemento de taxación conxunta para o desenvolvemento do plan de sectorización do SAUI e a execución do polígono industrial en Val do Dubra.

O proxecto está en exposición e significa un paso máis na tramitación do desexado parque empresarial dubrés.

Escola de Música Val do Dubra

A Escola de Música de Val do Dubra ofrece a posibilidade de coñecer as súas actividades e probar os seus instrumentos sen compromiso ningún. Máis información no concello ou no teléfono 687.133.497


Os instrumentos que cos que se traballa nesta escola son batería, trompeta, piano, acordeón, clarinete, flauta traveseira, saxofón e guitarra eléctrica..

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos