O “Belén Social da Trabe” está composto por 150 pezas artesanais de barro de Buño, que representan figuras do Nadal, edificacións e ata unha homenaxe á Feira da Trabe “con sacos de fabas, cabazos e outros elementos da Galicia tradicional”.
Estará en exposición ata o vindeiro 6 de xaneiro , de 10 a 20,30h na antiga zapatería a Pesqueira da Avenida Eduardo Pondal de Ponteceso.
O “Belén” ten máis de 25 anos de antigüidade e realizouse nun obradoiro de feituras.
Na inauguración da exposición estivo presente o alcalde de Ponteceso, Lois García, a teniente de alcalde, Noelia Varela e membros da asociación de Amas de Casa de Ponteceso.