10.2 C
Santa Comba
viernes, abril 26, 2024

Portomouro e a gran casa dos escultores de Troitosende

-Rafael Lema-

A igrexa de Portomouro ten obras do taller dos escultores de transición do rococó ao neoclásico de Troitosende. O arciprestádego de Dubra seguro que conta con máis pezas en Val do Dubra, que podían sair a luz.

Tres grandes artistas tardobarrocos están vencelllados ao lugar de Troitosende, no concello da Baña e no límite con Portomouro. Dous deles naceron alí, na mesa casa, aínda que o seu pai ven do actual concello de Cabana de Bergantiños, que como o dubriense non existían no seu tempo.

O artista neoclásico dubrés Juan Martínez Ribera seguía ao cargo do activo obradoiro de Troitosende herdado do seu pai. O antepasado non era outro que Ignacio Martínez, nado en Borneiro (Cabana) e chegado antes de 1750 a Troitosende, de onde era a súa muller Vicenta Ribera. Posiblemente fose Ribeira de apelido familiar, polo seu lugar natal. Ignacio foi o primeiro escultor instalado en Troitosende, que seguirá traballando moito para o seu arciprestádego natal de Soneira desde as beiras do Tambre e da Vía Céltica. Fixo retablos e imaxes en Tines (1751), Soesto (1756), Lamas (1773), Baio, como recolleu no seu día Xosé María Lema.

Couselo Bouzas no seu monumental «Galicia artística» (edición orixinal de 1932 que posúo), cita outro Juan Antonio Martínez de Vimianzo, entallador, escultor do retablo maior de San Juan de Calo polo cal cobra en 1713 a cantidade de 1.500 reais e que podería ter relación cos antepasados do grupo que estudamos. O meu actual estudo de manuscritos orixinais do arciprestado de Nemancos podía achegar algunhas novas obras do taller de Troitosende. Uns artistas para reivindicar aproveitando a oficialización da Vía Céltica e o actual interese do Concello de Val do Dubra por revalorizar os tesouros das súas igrexas.

Dous dos sete fillos de Ignacio naturais xa de Troitosende seguiron o seu oficio. O máis vello, Juan, instalado en Portomouro no 1790. O máis novo, Agustín, en Baio. O retablo maior necoclásico de fins do século XVIII do santuario do Carme do Briño, en Cabana, é obra do dubrés Juan Martínez Ribera. Autor do retablo maior da igrexa de Bamiro, no 1799, igualmente de estilo neoclásico. Martínez Ribera é autor da imaxe da Virxe das Virtudes do Briño no ano 1791.

O retablo maior de San Mamede de Bamiro (Vimianzo) de Juan Martínez Ribeira está presidido pola imaxe do patrón, San Mamede, vestido con túnica curta e manto propios dos seglares. Presenta os símbolos do seu martirio: un tridente e os intestinos. Á dereita hai unha imaxe da Virxe das Dores do desaparecido retablo do muro sur da nave. Á esquerda aparece San José de idade madura e con barba, que leva nunha man a vara florida e na outra o Neno espido.

Pola súa banda a igrexa de San Cristovo de Portomouro conserva a pegada deste taller. En 1755 Ignacio Martínez de Troitosende fixera traballos no lado da epístola e faría un pé para a imaxe de San Cristovo. A vella igrexa de San Cristovo sería reedificada a primeiros do século XIX

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos