7335 fans     1639 seguidores     43 seguidores - Club Adiante - Dirixe: Xosé Manuel Lema [Contacto]
Adiante Última Hora
  • Cargando las noticias de última hora...Cargando las noticias de última hora...

A ti, Moraima

A ti, Moraima

Terras de Compostela | Publicada: 04/05/2020

Aumentar texto Disminuir texto Reiniciar texto
0
0
0

Email Google+ Pinterest WhatsApp Menéame Chuza! Cabozo

Tempo de lectura: 6 minutos e 48 segundos.

A ti,  Moraima. //César Ramos//

Curioso panorama o que elixiches para nacer… Particular prólogo co que decidiches comezar o teu libro… o libro da túa vida. E digo particular porque esta situación na que estamos, aínda que ti non o saibas, non é habitual, é unha situación diferente, estraño escenario que nos fai vernos como o que en realidade somos e como somos no máis íntegro das nosas entrañas. Cando medres poderás dicir con orgullo que xa fuches diferente antes de nacer, que túa nai, teu pai e túa irmá estiveron durante máis de 50 días e as súas noites, metidos nunha casa agardando por ti, só saíndo fóra para botar o lixo e pouco máis. Que o teu pai non soubo que podería acompañar a túa nai no momento do parto ata o último momento…

Poderás contar que os primeiros días da túa vida non puideches ter os chuchos, agarimos e apertas de toda a túa familia como moitos outros e como ocorrería se o teu nacemento fora en calquera outra situación. Poderás dicir que naciches cando todo o mundo é quen de opinar e mesmo de xulgar aquilo que se descoñece e os que axuizaban habitualmente con frecuencia e só nunha mesma dirección, agora critican aos que fan o mesmo pero en dirección contraria… criticar, os que criticaban aos que critican por criticar… curioso! E menos mal que polo menos se pode opinar, falar, xulgar, pensar e dicir o que nos pete.

Os teus avós viviron noutro tempo que iso non estaba permitido e aquilo non o bota ninguén en falta, máis que escuros que nunca aceptarán nada que sexa libre. Curiosa situación na que te empeñaches en nacer! A de que moitas persoas senten un orgullo obrigado e forzado só por aquelas que levan as súas mesmas cores, e rexeitan todo o de aqueloutro que foi pintado de calquera outra cor. Dáste conta? Como se calquera fora boa ou mala persoa só pola chaqueta que decidiu vestir. Que tolemia! Pero non te preocupes, non todo é malo neste preciso e concreto momento que ti escolliches. Tamén é fácil ver bondade por todas as partes onde dirixas a mirada.

Hai xente, aínda q non o saibas, que dobra os seus esforzos para axudar aos que pouco ou nada lles queda xa, persoas que se esforzan ata a extenuación por salvar vidas arriscando as súas, homes e mulleres que saen aos balcón a aplaudir á boa xente que nin sequera coñecen, xente que ensina e outra que aprende ao lonxe, nenos e nenas que admiten as normas que se lle impoñen pechados e pechadas na casa con resignación e cun sorriso nos beizos… Porque esta situación que escolliches para nacer é diferente e seguramente non a mellor, certo, pero ten o convencemento que desta situación sacaremos máis proveito do que en realidade cremos agora.

E aínda que che pareza estraño, todo será diferente, nada será igual a antes de que ti naceras. Que consello che podo dar miña filla no teu primeiro día de vida? Que aprendas do diferente, sente orgullo polo dispar, confía e desconfía de todo e de nada, goza, aprende, divírtete, namórate de quen queiras, cando queiras e da forma que queiras… rodéate dos bos e xenerosos, non xulgues sen coñecer, íspete de prexuízos e arróupate de comprensión, salta, baila, aprende e créate a ti mesma… fórmate, escoita, aprende do bo e do malo, experimenta, investiga, pescuda, interésate, proba, sé xusta contigo e coas demais… e cando sintas de preto o sutil olor dunha inxustiza, rexéitao, apertando os dentes tan forte que mesmo che sangren as enxivas… asume, non se pode ser neutral para quen coñece unha inxustiza… medra, ri, emociónate, berra, chora, crea, salta, lánzate, síntete orgullosa do teu e dos teus. Ten en conta que está todo por comezar, todo por aparecer, todo por xurdir… Vive miña filla, vive! 

Se queres podes deixar un comentario sobre esta noticia no Facebook:

Pódeche interesar...

Actualización de alertas Costa da Morte: Tres municipios en rojo, tres en amarillo y uno en naranja

Nivel rojo- A Laracha, Carballo, Vimianzo// Nivel naranja-Malpica- Nivel amarillo- Santa Comba, Ponteceso y Laxe CONS…

Ler máis
Dos gallegos como solución para Luis Enrique

Brais y Aspas son unas buenas alternativas para que el ataque de la Roja funcione todavía mejor, en la que podría ser …

Ler máis
Xornada sobre Rosalía de Castro no Parador da Costa da Morte

O Parador da Costa da Morte acollerá o vindeiro sábado 31 de outubro unha xornada adicada á figura de Rosalía de Cas…

Ler máis

Noticias sobre A Costa da Morte, as suas comarcas e os seus concellos: Bergantiños, Soneira, Camariñas, Carballo, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Muxía, Vimianzo, Santa Comba e Zas.
Opinión
Adiante TV 2020
Campaña Prevención COVID-19
Galería Fotos Históricas
OUTONO CONTOS LARACHA 2020
GALP COSTA DA MORTE 2020
Autos Xallas
Concello da Laracha
Concello de Mazaricos
En breves

Adiante TV

Beatriz Pino cualifica de preocupante o ascenso do BNG

Antón Sánchez sobre os proxectos eólicos

Antón Sánchez denuncia as irregularidades nos sondeos mineiros de Santa Comba

La alcaldesa de Vimianzo pide el compromiso de Feijóo

Políticos mediocres, dirigentes excelentes

Álvaro Rodríguez

El miedo se ha instalado,  como querían que sucediera, en la sociedad.  La sensación de pesimismo y derrota de la sociedad es evidente.  Y los an…

Álvaro Rodríguez
Ler máis

Adiante Vieiro

Xosé Manuel Lema Mouzo

O meu benquerido José Manuel Vázquez Gómez estará pensando o mesmo onde se atope. Unha entidade como Vieiro é moi necesaria en Bergantiños e na …

Xosé Manuel Lema Mouzo
Ler máis

Galiza, paraíso liberal

Álvaro Rodríguez

328.853  persoas abandonaron Galiza  na última década. Para   a plutocracia  imperante, Galiza e a reserva de  man de obra para  as empres…

Álvaro Rodríguez
Ler máis

Conversas na Encrucillada

Usamos cookies propias e de terceiros para mostrar publicidade personalizada segundo a súa navegación. Se continua navegando consideramos que acepta o uso de cookies. OK Máis información
A ti, Moraima | Terras de Compostela | Adiante Galicia