10.2 C
Santa Comba
viernes, abril 26, 2024

Ana Pontón: “En cada un dos concellos nos que o BNG goberna as cousas funcionan razoablemente ben”

O traballo dos gobernos do BNG será a base da estratexia electoral para as vindeiras eleccións municipais.

A voceira nacional do BNG, Ana Pontón, puxo en valor o traballo dos concellos gobernados por este partido, nunha xornada celebrada en Santiago na que participaron uns trescentos concelleiros: “É un feito obxectivo que en cada un dos concellos nos que o BNG goberna as cousas funcionan razoablemente ben e deixamos pegada importante”.

Para Pontón Mondelo “os municipios que goberna o BNG son un desafío a esa idea de que Galiza non pode valerse por si mesma”. Na súa intervención, a política nacionalista asegurou que o Bloque demostrou “con feitos que temos un modelo propio que funciona desde a confianza nas capacidades deste país, que non necesita copiar o que ven de Madrid,  un modelo que podemos ver en cada un dos concellos nos que temos responsabilidades de goberno, desde aqueles máis consolidados aos máis recentes, desde Allariz e Pontevedra, a Carballo, Rianxo, Tomiño,  Bueu, San Sadurniño, A Mezquita, Castrelo de Miño,…por citar algúns exemplos”.

Este “éxito” dos gobernantes nacionalistas será a base da estratexia electoral para as eleccións , desvelou Ana Pontón neste primeira xornada de preparación dos comicios de 2019.A xornada de traballo contou coa participación do vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Cesar Mosquera, da alcaldesa de Tomiño, Sandra González, e do secretario de Comunicación, Xavier Campos.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos