8.2 C
Santa Comba
viernes, abril 26, 2024

O PP asegura que os orzamentos permiten seguir avanzando á comarca de Santiago

Valoración dos orzamentos da Xunta para a comarca de Santiago.

 Paula Prado e María Antón fixeron unha valoración dos orzamentos da Xunta de Galicia e a súa repercusión na comarca de Santiago que segundo as deputadas abordan cuestións fundamentais en eixos como a mobilidade, o turismo, os servizos básicos, a educación e a sanidade.

María Antón salientou as partidas de mobiliadade e infeaestruturas e puxo como exemplo os investimentos nas estradas AG-58 A  Ramallosa-Estrada (2 millóns de euros), Ordes-Cerceda (3,8 millóns), Santa Comba-Portomouro (1 millón) e Aradas (3,3 millóns). 

Tamén destacou «a gran aposta do goberno galego» polo turismo e polo «gran proxecto de país» que é o Camiño de Santiago. Xunto coas partidas destinadas ao complexo do Monte do Gozo  ao edificio do Xacobeo e á preparación do Xacobeo 2021, dou conta do albergue que se construirá en Ordes(500.000 euros), e do millón e medio de euros para a sinalización dos camiños da bisbarra. 

Preocupación da Xunta

“Estes investimentos son a mostra da preocupación da Xunta de Galicia pola industria máis importante de Santiago” declarou María Antón, destacando tamén os investimentos no eido cultural reflexados nas contas autonómicas de 2018. Outras actuacións que puxo en valor Antón son as destinadas ao saneamento e abastecemento dos concellos Boqueixón, Dodro, Frades, Melide e Vedra, a ampliación do CEIP  de Vedra, e ao novo CEIP  e o novo centro de saúde de Ames.

Paula Prado criticou a inacción do goberno do concello cabeceira de comarca, Compostela Aberta “por carecer de modelo de cidade provoca que os Orzamentos da Xunta non poidan ter un efecto multiplicador pola falta de sinerxias coas políticas municipais”. Para Prado os orzamentos poñen de manifesto «que o Partido Popular ten un modelo claro para Santiago e a súa comarca, favorecendo a instalación de empresas punteiras no ámbito da investigación, co fin de facer de Santiago un polo biotecnolóxico”. 

 Destaca as partidas para o FEAS – Textil, na comarca de Ordes, a fábrica intelixente 4.0. de Televés ou as aceleradoras de empresas de Telefónica e Vodafone. “Son unhas contas que permiten que Santiago e a súa comarca sigan avanzando nun modelo de vangarda, que aposta polo I+D+I e polo emprego de calidade”, finalizou Paula Prado

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos