10.1 C
Santa Comba
sábado, mayo 18, 2024

Estes son os electrodomésticos que máis luz consomen nos nosos fogares

Os sete electrodométicos que máis gasto provocan na nosa factura.

 O 55% da electricidade que consumimos débese ao funcionamento dos electrodomésticos, e por tanto aí está unha das claves do aforro. O campión do gasto é a neveira. Representa ata o 30,6% do consumo total dos electrodomésticos.

 Se desexamos minimizar o seu impacto na factura, debemos adquirir aparellos eficientes(Os da clase A +++ son os aconsellables) e seguir algúns consellos como non colocar alimentos quentes no interior e non deixar a porta aberta do frigorífico, xa que isto incrementa o seu traballo. 

O televisor e a lavadora

A unha distancia considerable temos ao televisor (12%) e á lavadora (11,8%). No primeiro dos casos hai un dato que pode sorprender. Unha televisión en stand- by consome tanto como un computador en funcionamento. Os de tecnoloxía LED son máis “austeros” que os LCD ou os de pantalla de plasma.

 Para aforrar coa lavadora, aconséllase os lavados curtos e en frío. No cuarto lugar temos ao forno (8,3%). Para reducir o consumo é importante que o aparello estea limpo e que non se abra a porta mentres permaneza aceso.

Ordenadores, lavalouzas e secadoras

O computador (7,7%) e o lavalouzas (6,2%) tamén axudan ao incremento de euros na factura mensual. Se queres aforrar podes baixar a iluminación da pantalla e tamén apagar a impresora ou o escáner cando se utilice. Todo suma. 

Segundo os datos do IDAE (Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía) o sétimo electrodoméstico na lista do gasto é a secadora, que supón un 3,3% do consumo total destes utensilios. Tamén é conveniente ter en conta as características da nosa tarifa e obter todos os datos posibles. Hai comercializadoras como E. nova Enerxía que ofrecen asesoramento personalizado e garantía de aforro.

 No seu blogue poderás atopar moita información. Polo demais, non esquezamos vixiar os nosos electrodomésticos para evitar sustos innecesarios. 

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,240SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos