6.5 C
Santa Comba
sábado, abril 27, 2024

Luz verde ós orzamentos de Santiago de Compostela

Compostela Aberta e BNG apoiaron as contas. O PSOE facilitou a súa aprobación mediante a abstención.

A corporación local do concello de Santiago de Compostela aprobou os orzamentos para este ano 2017, que ascenden a 106 millóns de euros. Como estaba anunciado, o documento contou co voto favorable de Compostela Aberta e do BNG, a abstención do PSOE e ao voto en contra do Partido Popular.O alcalde de Santiago,Martiño Noriega, valorou a “capacidade de diálogo” e avogou por “prorratear esforzos e recoñecementos”.

A concelleira de Facenda María Rozas cualificou os orzamentos de “expansivos, corais e participativos”. Rozas falou tamén da herdanza da débeda do PP, que estaba en 45 millóns e que agora se cifra nuns 33 millóns de euros.

Desde Compostela Aberta pensan que se trata dunhas contas “de cambio contra as políticas de austeridade, recortes e sufrimento”. Valoran o aumento das partidas(14%) en cultura ou Axuda no Fogar, ou a pretensión de buscar o equilibrio entre a Compostela rural e a cidade. E acusan ao PP de “estar illado no seu propio bloqueo”.

Para o Partido Popular, os orzamentos reflicten a “incapacidade do goberno” que buscou un “matrimonio de conveniencia” co BNG e co PSOE.“Estas contas non lle van cadrar ao goberno, e o que é peor, non lle van cadrar ao concello.Este será outro ano e outra oportunidade perdida para a cidade” sinalou Agustín Hernández que dixo que era un orzamento “irreal e ficticio”.

O voceiro socialista Paco Reyes afirmou que as contas de Compostela Aberta “teñen unha impronta socialista”. Anunciou que agora comezaba unha etapa de “fiscalización” porque “máis importante que a aprobación é a súa execución”. Para o PSOE son uns presupostos mellores cos de 2016 pero “queda moito por facer”.

O BNG apoiou o documento. Rubén Cela aludiu ao “rol construtivo” do seu partido.“Ninguén pode defender que Santiago de Compostela estaría mellor sen Orzamento, prorrogado ou vinculado a cuestión de confianza” apuntou Cela.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos