15.1 C
Santa Comba
sábado, septiembre 28, 2024

Para rirse do xornalismo, unha profesión moi seria

Els Joglars, a celebre compañía catalá, estrea este domingo 19 de febreiro na Coruña Zenit, la realidad a su medida. Hoxe, nun almorzo con xornalistas, avanzaron algunha das claves da obra na que reflicten a súa visión sobre o xornalismo contemporáneo. “Apelamos a unha responsabilidade compartida, a do lector e a dos medios”, dixo Ramón Fontserè, e agregou: “nesta obra dicimos tede coidado, moito coidado á hora de asimilar a información”.

Erik Dobaño

Zenit é o nome do xornal, “unha máquina que non dubidará en matizar, manipular, retocar, filtrar ou enlodar a realidade”, segundo o programa en Internet que recolle a expresión de Eco para referirse a capacidade das empresas xornalísticas para encadrar a realidade en función dos intereses que defenden. Unha realidade, a dos medios, que pode ser unha bomba (para escachar a rir) en mans de Els Joglars, sátiros feroces da alta cociña e de todo o que estea alto, até o máis alto. Dolors Tuneu, Pilar Sáenz, Ramón Fontserè e Juan Pablo Mazorra representan os papeis de xefes e xornalistas nun guión que xira en torno á contraposición do novo (“o xornalismo voraz e veloz”, di Fontserè) e do vello (“un vello xornalista que cree na ética, na investigación e en gastar a sola dos zapatos… pero que, ai!, tamén plaxia”).

Este sábado pola mañá só un par de grandes medios da cidade destinaron xornalistas a escoitar o que teñen que dicir Els Joglars sobre o xornalismo. Cousa común, segundo confesan os autores, noutras cidades do Estado. “Que como nos tratan? Os xornalistas, moi ben. Din que os seus conflitos están na obra”, explica Dolors Tuneu. “En canto aos medios, o normal é que nos ignoren”, apunta Fontserè.

Falan Els Joglars con entusiasmo de seu amigo Arcadi Espada, con quen trataron temas da obra, gaban a súa defensa da obxectividade, “a verdade é unha”, contan que lles dixo, “o resto son versións dunha mentira”. Falan do que aprenderon con Espada e con David Carr no filme Page One. Nada dixeron de outra primeira páxina de antoloxía, a de Billy Wilder. Mais Zenit promete gargalladas a cachón a base de moita bile. Non se perdan a edición de mañá do Zenit, no Teatro Colón ás 20.30 horas con entradas a partir de 15 euros. 

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,310SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos