9.4 C
Santa Comba
viernes, abril 26, 2024

Isabel Vilalba:”Ten que haber unha resposta legal á discriminación e a extorsión dos produtores galegos”

“Ten que haber unha resposta de tipo legal. Non pode ser que o mesmo leite se pague a 32 céntimos en Galicia e a 35,2 en Asturias. Paréceme unha discriminación e unha extorsión”. A secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego, Isabel Vilalba, non entende como se pode seguir mantendo esta situación prexudicial para os produtores de leite de Galicia.

Entrevista a Isabel Vilalba desde o minuto 34

Nin tampouco que a distribución anuncie subidas de prezo, pero que non se trasladen aos gandeiros:”Están mantendo unhas condicións artificiais de opresión sobre as granxas”.

Vilalba lembra que “en 2015 a administración e algunha organización falaban dun acordo histórico. Nós xa dixemos que non víamos nada firme”.

Nunha entrevista en Radio Xallas, Isabel Vilalba reiterou que o S.L.G “está en contra da inclusión do lobo no LESPRE” e lle parece “irresponsable” que o goberno central non reflexe partidas para os danos e que tamén a Xunta “queira desentenderse” das mesmas.“Hai que que cubrir o 100% dos danos e asumir unha responsabilidade civil” plantexou.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos