9.7 C
Santa Comba
miércoles, enero 22, 2025

O PP de Muxía esixe explicacións sobre a contaminación da auga

Difundimos a nota de prensa do Partido Popular de Muxía.

 O grupo do Partido Popular no Concello de Muxía,a través da súa portavoz, Sandra Vilela, esixe explicacións ó goberno local ante a confirmación da contaminación da auga por bacterias coliformes.

“Estamos falando de decenas de muxiáns intoxicados e temos que saber que foi o que fallou, esta é unha situación gravísima. Fai case unha semana que empezaron a desfilar casos ó hospital, cánto tempo levamos bebendo a auga contaminada?

Cómo pode ser que non se detectase ningún problema?

Onde estuvo o erro para que a auga chegase contaminada ásnosas casas?, pregúntase a portavoz municipal que ademáis lamenta a “falta de responsabilidade” do alcalde anunciando resultados normais dos analises da auga antes de ter os definitivos xa que “isto creou unha sensación de seguridad sobre o estado da auga que non era real” e acusa ó alcalde de “tentar tirar balóns fora ainda a costa da saúde dos veciños”.

FALTA DE PREVISIÓN E PERDAS DA HOSTELERÍA

Os populares tamén destacan a falta de previsión unha vez confirmada acontaminación para a xestión desta problemática cando “fai días que todo facía indicar que o problema estaba na auga e, sen embargo, unha vez confirmada a presenza de bacterias cortan a auga sen dar unha alternativa de forma inminente”,explicaba a portavoz que continua “no supermercado xa hai escasez de auga embotellada. Se non tes auga na casa , ¿de onde a sacas? ¿Cómo se van asear os nosos maiores ou as persoas enfermas?”

“¿Cómo se pode deixar a hoteis, pensións, albergues, etc… sen auga en media hora, sabendo que facía días que esto se vía vir? ¿Quen vai atender as perdas da hostelería que tivo que cerrar?” pregúntase a portavoz que sinte que todos estes empresarios teñan que sofrir esta situación

PRONTA RECUPERACIÓN

A portavoz dos populares tamén quixo enviar unha mensaxe de ánimo a toda a poboación e o desexo de que todos se recuperen satisfactoriamente o máis rápido posible.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,070SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos