Cincuenta e sete entidades galegas piden un cambio de modelo eólico en Galicia e a moratoria de novos parques eólicos, así como a “revisión daqueles aprobados que xeren conflitos sociais e/ou ambientais”.
Isabel Vilalba en Radio Xallas
En declaracións a Radio Xallas, a secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego, Isabel Vilalba, sinalou que se necesita “cambiar totalmente o modelo” por que “non se pode poñer este país nas mans de catro empresas” e que non haxa “un beneficio directo para a comunidade”.
Vilalba referiuse ademais a “importante afectación” que provocan estes proxectos alertando de que con leis de “bases franquistas” está pretendendo desenvolver “instalacións moito máis dimensionadas”.
Escoita a entrevisrta con Isabel Vilalba desde o minuto 35
Un manifesto con 15 principios
O manifesto difundido por organizacións como o Sindicato Labrego Galego, ADEGA, Petón do Lobo, Verdegacia, Ecoloxistas en Acción Galiza, Fruga, ou a plataforma Non Eólicos Bustelo, Campelo e Monte Toural inclúe quince prinicipios:
1- Planeamento eólico para unha transición ecolóxica ordenada e xusta.
2- Democratización e soberanía enerxética.
3-Aforro, eficiencia e autosuficiencia enerxética.
4-Reponteciamento fronte novas instalacións
5- Fomento do autoconsumo e produción a pequena escala.
6- Iniciativa pública e comunidades enerxéticas fronte a privatización dos beneficios.
7-Concesións públicas fronte a autorizacións administrativas.
8-A expropiación de terras como última opción.
9- Consulta pública real e efectiva.
10-Penalizacións contundentes contra a fragmentación dos proxectos.
11- Compatibilidade coa normativa vixente en materia ambiental, patrimonial e da paisaxe.
12-Novas zonas de exclusión e plan de eliminación progresiva en Rede Natura.
13- Maiores distancias aos núcelos de poboación.
14-Asesoramento e mediación regrada fronte contratos abusivos.
15- Exclusión de empresas de dubidosa reputación.