7 C
Santa Comba
domingo, abril 2, 2023

Afectados polo proxecto eólico do Cerqueiral lamentan a falta de posicionamento dos partidos políticos de Coristanco

“Entristece que ningún dos partidos políticos do concello de Coristanco se opoña públicamente á instalación deste parque”. Así se expresaba no programa radiofónico “Na Encrucillada” de Radio Xallas, David, un dos veciños afectados polo proxecto eólico que pretende asentar seis aeroxeradores nos concellos de Santa Comba, Coristanco e Cabana.

VER PROXECTO EÓLICO DO CERQUEIRAL

E que a pesar de que os afectados xa presentaron alegacións a través da asociación Petón do Lobo e desenvolven unha campaña de recollida de sinaturas para trasladar as súas queixas “ningún partido político publicou nada nas súas páxinas de Facebook nin tampouco se puxeron en contacto connosco”.

Entrrevista afectado parque O Cerqueiral- Desde minuto 78 do audio

Preocupación polo proxecto de Greenalia

Critican a “opacidade sorprendente” e os “métodos” da empresa incluso con “ameazas de expropiación” á xente maior. E indican que “só queremos unha calidade de vida aceptable das nosa aldeas”, pero que o proxecto promovido nesta zona por Greenalia non xenera precisamente tranquilidade.

Refírense ao impacto visual, os ruidos “con aeroxeradores a 700 metros” dunhas casas que tamén perderán valor. Serán seis viraventos:”Os maís grandes que se van a instalar en Galicia”, precisan. Precisamente estes días 57 entidades lanzaban o manifesto Aldeas con Horizonte demandando un novo modelo de xestión eólica en Galicia.

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,841SeguidoresSeguir
1,100SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos