9.4 C
Santa Comba
viernes, abril 26, 2024

O BNG recolle as demandas do CEIP Anxo da Garda

O Bloque Nacionalista Galego actúa con celeridade e pide explicacións, despois da nova avanzada por Adiante Galicia, presentando unha batería de preguntas para o vindeiro pleno municipal do concello da Coruña.

O BNG reacciona con celeridade

A portavoz municipal do Bloque Nacionalista Galego coruñés, Avia Veira presentou hoxe no rexistro municipal, unha batería de preguntas relacionadas coas problemáticas denunciadas pola dirección do centro de educación infantil e primaria plurilingüe Anxo da Garda, e que avanzou este mércores en primicia o xornal dixital Adiante Galicia (acceder a nova aquí). 

O propio grupo municipal agradeceu nas redes sociais a difusión desta demanda do colexio emprazado en Monte da Moa, por parte do noso medio de comunicación. Os nacionalistas reaccionaron ante o coñecemento das queixas, primeiro contactando co centro educativo e logo trasladando as queixas ó concello.

 

Melloras no patio e solución ó problema da conserxería

No vindeiro pleno ordinario, Avia Veira preguntará ó executivo que preside Xulio Ferreiro porque non se atenden as demandas da dirección do C.E.I.P. Anxo da Garda, e tamén se desde o goberno consideran “xustificado que haxa xornadas nas que o servizo de conserxería non está atendido”.

Desde o BNG tamén queren saber as previsións para o arranxo das deficiencias e para dar solución ós problemas da conserxería, e o feito de que a día de hoxe a dirección do centro non encontrara ningunha resposta positiva desde o goberno da Marea Atlántica.

Se queres contactar coa nosa redacción:

Teléfono- 881817525 – 627217963 

Canle WhatsApp- 618417894

correo electrónico contacto@adiantegalicia.es

@AdianteGalicia

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos