“Baixo a luz de Breogán” é o novo disco de Astarot que xa se pode escoitar en diferentes plataformas dixitais e moi pronto tamén adquirir en formato físico.É o novo traballo da veterana banda de Cangas do Morrazo, despois do disco “una vida en un segundo”(2017).
Este mércores, 4 de maio, o batería José Manuel Piedra e o guitarrista Carlos Gandón, presentarán este traballo nunha emisión especial, en directo, do programa “Lobos de Metal” de Radio Xallas, desde as 20,00h a través do 107.5 FM , da web santacomba.es, da APP Radio Garden ou desde esta ligazón. Todos os programas de Lobos de Metal tamén se comparten en Podcast nas plataformas Ivoox, Spotify e Google Podcast.
Astarot xa lanzaron video-clips con “Negro caravel”, canción feita cun texto de Rosalía de Castro e coa tradicional “Camariñas”. Neste disco tamén se homenaxea a autores como Celso Emilio Ferreiro, Curros Enríquez ou Xela Arias.
A proposta rock de Astarot ten unha forte conexión coa terra, neste caso acentuada ca coa colaboración de artistas como Bieito Romero ou Xan Cerqueiro.