7442 fans     1645 seguidores - Club Adiante - Dirixe: Xosé Manuel Lema [Contacto]
Adiante Última Hora
  • Cargando las noticias de última hora...Cargando las noticias de última hora...

«O acordo de paz acabará coa impunidade estrutural en Colombia»

Entrevistas | Publicada: 23/12/2016

Aumentar texto Disminuir texto Reiniciar texto
0
0
0

Email Google+ Pinterest WhatsApp Menéame Chuza! Cabozo

Tempo de lectura: 21 minutos e 39 segundos.

//Erik Dobaño//

Enrique Santiago (Madrid 1964), membro de Esquerda Unida e asesor das FARC no proceso de paz colombiano, ofreceu onte unha conferencia na Coruña para dar conta da súa participación nos acordos e avanzar as súas opinións sobre o futuro da paz en Colombia. Estivo acompañado pola deputada de En Marea, Eva Solla, e por Christian Camargo, representante das Mocidades Comunistas colombianas. 

P-Como chega un avogado madrileño a sentar na mesa de negociacións entre as FARC e o goberno de Colombia? 

R-Levo traballando con Colombia desde o ano 1991, e en asuntos de dereitos internacional penal e dereito internacional humanitario, que é o dereito dos conflitos armados, moitos anos. Traballei en preitos de xurisdición universal, como nos casos de Pinochet, Couso ou no dos voos da CIA, por exemplo. Incorporeime ao proceso durante a fase exploratoria do ano 2012 e formalmente, como asesor das FARC contratado polo goberno de Noruega, no ano 2013 cando se abre a mesa na Habana.

P-Coñecía xa aos protagonistas das negociacións?

R-Entre os asesores das FARC, da miña época de traballo en Colombia, coñecía a Renán Veiga, ao pai Giraldo e a Jairo Estrada, asesor en materia rural. Ao principio abordáronse asuntos como a reforma rural, a substitución de cultivos ilícitos e participación política. Durante esa fase o meu papel era visar os contidos dos acordos que se ían alcanzando. No 2014 foi cando empezamos a discutir todo o referente ás vítimas, xustiza internacional, reformas constitucionais, garantías de seguridade... ata ese ano eu ía á Habana cinco días ao mes, desde 2014 pasaba alí máis de vinte días ao mes. Ao final todo o contido era eminentemente xurídico.

P-Hai algunha diferenza notable entre este acordo de paz e outros procesos anteriores que tamén puxeron fin a guerras?

R-Este é o único proceso do mundo no que ambas as partes aceptaron someterse a unha xurisdición penal que vai examinar por igual as súas responsabilidades e todas elas. E iso sen que ningunha fose obrigada pola comunidade internacional. Habitualmente, os procesos de paz acaban xerando grandes doses de impunidade. É o que ocorrera en Colombia cos procesos de paz co M19 e o EPL nos noventa. Agora, por este acordo se amnistía o delito político, o delito de rebelión e os conexos, pero non se amnistía o que o dereito internacional non permite amnistiar: os graves crimes de guerra, os de lesa humanidade e o xenocidio.

P-Tiveron que construír todo un corpo legal para iso

R-O que se elaborou é unha xurisdición que, por primeira vez nun acordo de paz, pretende facer cumprir estritamente os dereitos que o dereito internacional recoñece ás vítimas: o dereito á verdade, á xustiza, á reparación e á non repetición. Colombia creou un marco xurisdicional que se está incorporando á Constitución, un marco para a paz. Eses dereitos serán agora constitucionais.

P-Por que o acordo suscitou tanto rexeitamento?

R-O rexeitamento vén de que se van a examinar todas as responsabilidades; é dicir, vaise a acabar coa impunidade estrutural que é o que houbo até agora en Colombia, tanto en delitos comúns como nos que teñen que ver co conflito. E esa gran impunidade, e isto dio a Corte Penal Internacional, non era para os guerrilleiros. O Estado dedicouse a perseguir soamente a estes mentres que os axentes do Estado e os paramilitares gozaban dunha impunidade inmensa. Así que os que se opuxeron ao acordo foron aqueles que queren impunidade sen paz. Por primeira vez un acordo de paz contempla que se examinarán as responsabilidades de políticos, empresarios, grupos económicos e funcionarios de gobernos estranxeiros. Esa foi a parte máis difícil para pechar o acordo. Catro dos seis puntos pactáronse en seis meses, logo veu o debate sobre como acabar coa violencia e os paramilitares que durou doce meses. As negociacións sobre os mecanismos de xustiza duraron vinte e catro meses. E foi ese punto o que estivo a piques de facer saltar polo aire o acordo. 

P-Por que o si perdeu o plebiscito?

R-Co plebiscito o que ocorreu é que a propaganda de guerra que seguía mantendo o goberno foi moi eficaz. Nas zonas rurais que padeceron o conflito o ‘si’ gañou por maioría. Nas zonas urbanas, onde o conflito viviuse por televisión, gañou o ‘non’. Pero as FARC xa llo advertiran ao goberno, que tomou unilateralmente a decisión de convocar o referendo. Dous anos antes xa lle dixeran que se non cambiaban a propaganda de guerra, perderían o plebiscito. En calquera caso a diferenza foi de apenas 50.000 votos. O resultado político foi un empate. O efecto posterior ao plebiscito foi aínda máis imprevisto porque houbo unha mobilización social esixindo unha paz inmediata.

P-Cales foron as principais resistencias para a paz?

R-O goberno rexeitaba dotarse dun marco xurídico que lle permitise xulgar a outros que non fosen o que eles definían como responsables máximos. En maio do 2012, antes de que as conversacións se iniciaran formalmente, o goberno aprobou unha reforma da Constitución que establecía o marco sobre o que se depurarían as responsabilidades. Limitábase a quen eles entendían que foran os máximos responsables: a cúpula das FARC e a cúpula do Exército. Loxicamente as FARC negáronse e sinalaron aos presidentes e aos consellos de ministros como máximos responsables. Esa foi a primeira derrota do esquema que prefigurara o Estado. Ao final conseguiuse que se vaian a examinar as responsabilidades de todos os que interviñeron no conflito.

P-Con cantos gobernos negociaron?, a quen representaba o goberno de Santos?

R-Ben, iso levaríanos a preguntarnos por que fracasaron o tres anteriores procesos de paz coas FARC e este non. Isto ten unha explicación política. En Colombia o que houbo foi un cambio na correlación de forzas políticas a favor da paz. Produciuse pola división na oligarquía colombiana, que até agora fora monolítica na defensa da guerra como mecanismo de enriquecemento. Pero os procesos de integración económica, a globalización mundial, fixeron xurdir intereses diferentes. Para a oligarquía rural, terratenentes, latifundistas e gandeiros, a guerra segue sendo a forma de acumular terras mediante o desprazamento violento dos campesiños. É un clásico da historia de Colombia. Sucede cada vinte anos. Hai ciclos de desprazamentos.

E son vinte anos porque é o tempo que tardan os campesiños desprazados aos que se lles usurparon as súas terras en tombar a selva e abrir novos terreos aptos para o cultivo e a gandaría. Para a burguesía urbana, industrial e financeira, inxerida no mundo globalizado, a guerra deixara de ser un negocio porque non atrae investimentos estranxeiros. Santos convéncese de que é necesario iniciar o proceso de paz a finais do 2010, un ano despois das eleccións que gañou coa promesa das locomotoras do desenvolvemento. Pero pasara un ano e eses miles de millóns que ían vir de fóra non chegaban. Fundamentalmente porque os grandes lugares por explotar en Colombia están baixo control guerrilleiro.     

P-Houbo grandes resistencias por parte do Exército?

R-Pois non. Pero o Exército en Colombia ten 500.000 efectivos. Iso é o 40% do Exército dos Estados Unidos e o 150% respecto ao Exército de Brasil, o país máis grande e con máis poboación de América Latina. Aí inclúese a Policía, que é un corpo militarizado que depende de Defensa. O que cambiou é un sector, a nova oficialidade, que comprendeu que despois de 50 anos de conflito, pese ao número de efectivos e a intervención dos Estados Unidos que mantén once basees en territorio colombiano, a guerra non ía ter unha solución militar. Esta nova cúpula militar viu ademais a oportunidade de desvincularse de anteriores cúpulas que teñen responsabilidades grandísimas en canto a violacións dos dereitos humanos. Así que na Habana os acordos máis sinxelos de pechar foron os de índole militar. 

P-Cal foi o papel dos Estados Unidos?

R-Até o 2015, a actitude da Administración Obama foi de afastamento e escepticismo. Despois viron que podía chegarse a un acordo e decidiron facilitalo á vez que tentaban controlar determinados pactos. Eles preocupáronse especialmente polos acordos en materia de substitución de cultivos ilícitos e extradicións. Todo moi vinculado á súa política antidroga. Pero no acordo fixouse unha prohibición estrita de extradición de ningún guerrilleiro aos Estados Unidos ou a calquera outro país. Iso aceptouno o goberno de Colombia con moito esforzo e logrando que Estados Unidos non se opuxese.

P-Quen foron as vítimas en Colombia e que papel xogaron no proceso de paz?

R-Segundo os datos do goberno, o 50% das vítimas causáronas os paramilitares; o 28%, os axentes do goberno; un 15%, todas as guerrillas, non só as FARC; e o 7% restante por actores sen identificar. Todas as vítimas, salvo sectores moi reducidos, apoiaron o proceso e o acordo. Mesmo desde grupos de vítimas pertencentes á oligarquía, como os dos atentados do Club da Nogueira ou os dos deputados do Parlamento de Cali. Foi un apoio fundamental para sacar adiante todo a estrutura xurídica para garantir que se acabará coa impunidade e respectaranse os dereitos das vítimas.

P-Cal é o funcionamento dese sistema xurídico?

R-O sistema estimula un recoñecemento de verdade cedo, completa, detallada e exhaustiva. Quen teña crimes que non sexan obxecto de amnistía, debe recoñecelos antes do xuízo para optar a un novo tipo de sancións. Chamámolas sancións de xustiza restaurativa. En lugar de enfrontarse a 20 anos de cárcere, deberán traballar en accións, políticas públicas, para reparar o dano causado durante un período de tempo. En todos os conflitos armados hai dous tipos de victimizacións. Para a maioría, a victimización leva á exclusión social. Hai outras ás que non, e estas son as que só queren falar de sancións de cárcere. Pero a quen a perda dun familiar, a cabeza de familia ou quen sexa, a casa ou as terras, causoulle a pobreza, que os culpables vaian ao cárcere non lle axuda. Construímos esas accións de reparación vinculadas ao dereito á verdade. Ademais, constatase que os acordos de paz só se cumpren durante os dous primeiros anos e o que adoita quedar pendente é sempre a reparación ás vítimas. Por iso se elaborou un catálogo de accións necesarias para cumprir cada un dos puntos do acordo e esas accións operarán como sancións.

P-Funcionará?

R-A clave está en romper a lei do silencio, a omertá. Impedir que as organizacións, o Exército neste caso, impoñan o silencio. E algo diso chegou a anunciarse desde a cúpula. A elección está entre condenas de 20 anos de cárcere ou penas de até 8 anos de traballo restaurativo en condicións de liberdade. Xa veremos… Pero a min chamáronme xenerais presos para preguntarme como era este sistema. E fun aos cárceres a velos. O sistema ten máis incentivos, daranse oportunidades tamén durante o xuízo. Constantemente ofreceranse oportunidades para que se conte a verdade. 

P-Que lección tirou deste proceso?

R-A primeira lección é que no proceso de paz non se fai a revolución. Aquí as FARC dixeron claramente que non aspiran a gañar na mesa o que non gañaron no campo de batalla, e dixéronlle ao goberno que tampouco pode pretender facer iso. As FARC quixeron crear unhas condicións para que a loita popular siga por vías políticas eliminando a violencia da loita política. Que se poida traballar para facer políticas transformadoras sen o risco de ser eliminado simplemente por discrepar ou facer oposición. 

P-Que opinión lle merece o que está a ser o final de ETA?

R-Paréceme todo dunha torpeza absoluta. Aquí até se atreven a levar ante a Audiencia Nacional a mediadores internacionais. Isto é un absoluto despropósito. Chamémolo proceso de paz ou mediación humanitaria, en ningún lugar do mundo, xamais, se fíxo o que fixeron aquí. É inédito e dunha cegueira política transcendental. A estas alturas ETA nin sequera pide negociar politicamente. O problema do País Vasco é só un: os presos. Cando a violencia termina, debe haber un tratamento diferencial alternativo para eses casos. É torpeza tras torpeza, e máis cando a saída á cuestión dos presos está liderada claramente pola sociedade civil vasca e non por ningún aparello político-militar. 

P-Respecto da impunidade dos crimes do franquismo cal é a súa opinión tras a súa experiencia en Colombia?

R-É unha situación anómala. Aquí en España o problema que temos é o poder xudicial. Coas leis que temos poderíanse xulgar eses crimes. Nin sequera fai falta derrogar a lei de amnistía nin aprobar leis novas. O que está a pasar en España non sucede en ningún lugar do mundo. Aparecen uns restos nunha fosa e o xuíz négase a investigar dicindo ‘non, serán da guerra’. Están a esperar a que non quede vivo nin un responsable dos crimes do franquismo. O poder xudicial non é franquista, pero si moi conservador, polo propio mecanismo da súa selección.

Se queres podes deixar un comentario sobre esta noticia no Facebook:

Pódeche interesar...

 Pose Verdes non se fía de Carballido e pide un pleno: ”Sabemos como as gasta e igual pasa da historia”

O portavoz de APIN, José Manuel Pose Verdes, confirmou a presentación dunha solicitude de pleno extraordinario, xunto …

Ler máis
Jasper:”Con Nao queríamos chegar ao máis alto e parar”

//Xosé Manuel Lema// O vindeiro luns 7 de decembro sae á venda o agardado DVD de Nao “Adeus e Grazas”. Un DVD q…

Ler máis
David Barbeira:“É imposible buscar un consenso cos edís do Partido Socialista, aínda con causas xustificadas”

O alcalde de Santa Comba, David Barbeira, quere aclarar que o cambio do último pleno ordinario debeuse a unha causa tot…

Ler máis

Noticias sobre A Costa da Morte, as suas comarcas e os seus concellos: Bergantiños, Soneira, Camariñas, Carballo, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Muxía, Vimianzo, Santa Comba e Zas.
Opinión
Adiante TV 2020
Galería Fotos Históricas
Autos Xallas
Concello de Dumbría
Concello de Mazaricos
En breves

Adiante TV

En el

En el "Castro de Dor" con Rafael Lema

"Río das Meigas"

Luis Rubiales en Santa Comba

Luis Rubiales en Santa Comba

Luis Rubiales se compromete a asistir a la Copa da Costa

Los amos del progresismo

Álvaro Rodríguez

El grupo PRISA  es el medio de comunicación  “progresista” de España. Desde él se defiende la visión denominada vulgarmente  “socialista…

Álvaro Rodríguez
Ler máis

El Despotismo del Siglo XXI, ni divino, ni ilustrado

José Manuel Palacín Y Rodríguez

El XVIII es el denominado Siglo de las Luces. Existe una concomitancia entre los historiadores al considerarlo como la más próspera de las centurias…

José Manuel Palacín Y Rodríguez
Ler máis

Políticos mediocres, dirigentes excelentes

Álvaro Rodríguez

El miedo se ha instalado,  como querían que sucediera, en la sociedad.  La sensación de pesimismo y derrota de la sociedad es evidente.  Y los an…

Álvaro Rodríguez
Ler máis

Conversas na Encrucillada

Usamos cookies propias e de terceiros para mostrar publicidade personalizada segundo a súa navegación. Se continua navegando consideramos que acepta o uso de cookies. OK Máis información
«O acordo de paz acabará coa impunidade estrutural en Colombia» | Entrevistas | Adiante Galicia