9.9 C
Santa Comba
viernes, abril 26, 2024

Axudan a unha persoa a saír dun vehículo accidentado en Cee

O 112 Galicia rexistrou esta tarde outro sinistro no que resultou ferida unha muller. Sucedeu ás 18:00 horas no Lugar de Vilanova (Cee) onde o vehículo que conducía a ferida saíuse da vía. Para poder acceder a ela, os Bombeiros de Cee retiraron os asentos traseiros e a muller puido ser evacuada polo maleteiro. Posteriormente, recibiu os primeiros coidados por parte dos profesionais do 061-Urxencias Sanitarias e foi trasladada ao centro hospitalario de referencia.

Este operativo púxose en marcha logo de recibir o 112 Galicia unha chamada de alerta dun familiar que pedía axuda para a muller ferida no interior do coche. Decontado, ademais dos servizos sanitarios de urxencia, desde o 112, pediuse a colaboración dos bombeiros, voluntarios de Protección Civil e axentes da Garda Civil de Tráfico.

Fonte-Axega 112

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos