7.9 C
Santa Comba
viernes, abril 26, 2024

Neda licita cinco proxectos

A Xunta de Goberno de Neda tomou hoxe o acordo de sacar a licitación as obras incluídas no POS Plus Adicional 2017, unha iniciativa provincial que no seu conxunto representará un investimento de 91.000 euros (IVE incluído). O importe da devandita cuantía dará lugar á execución de dous novos proxectos aglomerado en vías municipais, unha aposta do executivo local por facer rendible a inversión pública ademais de garantir a seguridade vial.

Estas actuacións suporán a reparación e posta en valor de seis camiños e afectarán a un total de 1.935 metros lineais de infraestruturas locais. Baixo a denominación Camiño Cerdeiras-Barreiras, acometeranse traballos de mellora -a base de asfaltado en quente e limpeza de beiravías- no tramo denominado Baixada de Cruz do Pouso-Cerdeiras e tamén no que vai de Transmonte a Gradaílle. O investimento ascende a 42.601, 10 euros e as obras previstas acondicionarán 1.200 metros lineais de camiños.

O segundo proxecto inclúe un total de catro actuacións e a reparación doutros 735 metros máis de vías municipais. Neste caso, trátanse das denominadas Castiñeiro (355m), Valle Inclán (67m), Pename (153m), Castiñeiro-Fábrica Laboura (160). O executivo local confía en axilizar ao máximo o proceso administrativo para que as obras poidan dar comezo de cara á próxima primaveira.

Fonte- concello de Neda

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos