Falece un operario en Ponteceso e outro resulta ferido grave despois de precipitarse dun tellado
Segundo informa AXEGA 112 Os dous traballadores facían o seu traballo cando ocorreu o fatídico accidente. Precipitáronse dende o tellado que arranxaban no lugar de Vilasuso, en Tallo, no concello coruñés de Ponteceso.
Así o comunicou o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 ao 112 Galicia cando, sobre as 18:15 horas, contactaron cos xestores de emerxencias para informar do suceso. Indicaban que unha ambulancia xa se desprazaba cara o punto, sen embargo, nada puideron facer por salvarlle a vida a un dos operarios.
Desde o 112 Galicia nada mais recibir o aviso, puxo os feitos en coñecemento da Garda Civil e dos efectivos da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade.