Segundo informa Axega 112 un patinete eléctrico estoupou no interior dunha vivenda en Fisterra, sen que se rexistrasen danos persoais.
Así o comunicaba unha persoa particular ao 112 Galicia, uns minutos despois das oito e media desta mañá. Segundo indicaba na súa comunicación, o estalido do patinete provocara que uns cristais se rompesen na vivenda, situada na rúa de Alfredo Saralegui.
De xeito inmediato, o persoal do CIAE 112 Galicia puxo a situación en coñecemento dos Bombeiros de Cee, da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Fisterra e dos axentes da Policía Local, que ventilaron a vivenda e, segundo confirmaron ao 112 Galicia, ningunha persoa resultara ferida e só ardera o patinete