7.9 C
Santa Comba
viernes, abril 26, 2024

Unha persoa falece e dúas resultan feridas despois de saírse da vía o vehículo no que viaxaban en Trazo

INFORMA-axega112

O vehículo no que viaxaban chocou contra unha árbore despois de saírse da vía.Unha persoa particular foi quen, ao fío das doce e media desta madrugada, contactou co 112 Galicia para informar dun coche accidentado contra unha árbore, na estrada que une Chaián e Trazo, aproximadamente, a cincocentos metros do cruce do termo municipal coruñés de Trazo.

No seu relato, aseguraba, ademais, que era precisa a intervención dos profesionais sanitarios.Con estes datos, os xestores do 112 pasaron aviso de inmediato ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 que, tras chegar ao lugar, só puideron confirmar o falecemento dunha das persoas que viaxaba no vehículo. Así mesmo, indicaron que outras dúas persoas foran trasladadas ao centro hospitalario de referencia.

Do suceso tamén foron informados os axentes da Garda Civil de Tráfico e os Bombeiros de Ordes.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos