– AXEGA 112-
o 112 Galicia tamén tivo coñecemento, esta mañá, doutra colisión múltiple entre tres vehículos, no concello coruñés de Val do Dubra.
Foi un dos implicados no sinistro quen, pouco antes das dez e media da mañá, informaba ao CIAE-112 Galicia desta colisión na estrada DP-1914, na parroquia de Arabexo.
Deseguido, os xestores do 112 Galicia comunicaron o accidente aos servizos sanitarios, aos Bombeiros de Santiago, á Garda Civil de Tráfico e a Protección Civil de Val do Dubra.
Xa no punto, os equipos de emerxencia aseguraban que resultaran feridos os condutores dos tres vehículos implicados e que dous deles tiveran que ser trasladados polos servizos sanitarios ao centro hospitalario de referencia.