10.2 C
Santa Comba
viernes, abril 26, 2024

Un helicóptero de Salvamento Marítimo rescata a unha persoa ferida cun arpón en Malpica de Bergantiños

AXEGA 112-

Un helicóptero de rescate mobilizado por Salvamento Marítimo evacuou a unha persoa ferida cun arpón nunha zona rochosa próxima a Punta Nariga, en Malpica de Bergantiños.Segundo a información facilitada por Salvamento ao 112 Galicia, a aeronave trasladou á persoa ao Aeroporto de Alvedro, onde foi recollida por unha ambulancia para levala ao Complexo Hospitalario Universitario da Coruña.

O 112 Galicia recibiu, ao fío das nove da mañá, a alerta a través de varias persoas particulares dunha persoa que se atopaba nunha zona de difícil acceso.

Decontado, os xestores do CIAE 112 Galicia puxeron a situación en coñecemento de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Bergantiños, da Policía Local, do GES de Ponteceso, da Garda Civil e de Protección Civil.

Xa no lugar do suceso, os Bombeiros e os efectivos do GES descenderon ata a zona onde se atopaba a persoa ferida e solicitaron ao 112 Galicia, para rescatala, a mobilizaron de medios aéreos.Por iso, desde o 112 Galicia requiriuse a intervención do Servizo de Gardacostas de Galicia e de Salvamento Marítimo, que desprazou un helicóptero no que a persoa foi evacuada.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos