16.1 C
Santa Comba
miércoles, septiembre 4, 2024

Concerto Zënzar en Santa Comba, Festa Mago de Oz, e aniversario A Casa do Rock

Foto-Jackie López Menéndez-

O grupo Zënzar ofrece un concerto en Santa Comba. Será este vindeiro sábado 11 de setembro dentro da programación cultural das Festas dos Milagros de Santa Catalina.

A organización corresponde ao concello xalleiro. É preciso inscribirse no web ww.santacomba.es. Zënzar comezarán a deleitarnos coa súa música  a partir das 10 da noite.

En Radio Xallas falaba o vocalista da banda, Xosé Bocixa.

Tamén este próximo sábado temos na cidade da Coruña a visita de Mago de Oz. Están xa coa promoción do disco “Bandera Negra”.Membros desta formación estarán as 7 da tarde na Rock Guitar Experience (fronte a estación do tren coruñesa) para asinar discos.

Logo pola noite desde as 22,30 haberá unha Festa Mago de Oz no local Black Widow, da rúa Panaderas,13. Soarán os temas de “Bandera Negra”, haberá agasallos, nun acto presentado por Rafa Basa, director da páxina rafabasa.com.

A Casa do Rock celebrará o seu décimo aniversario a ritmo de Neil Young. O vindeiro sábado 18 de setembro centos de persoas interpretarán conxuntamente un tema deste artista para conmemorar o aniversario deste centro formativo  e de producción musical establecido na Capital de Galicia.E unha previsión de concertos que compartimos. Sábado 23 de outubro, concerto de Los Motores e Saratoga na sala Malatesta de Santiago.

Primer programa Lobos de Metal

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,300SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos