7.9 C
Santa Comba
viernes, abril 26, 2024

Perde a vida unha muller en Ordes despois dun posible atropelo

Info-AXEGA 112

Unha muller perdeu a vida na tarde de hoxe en Ordes despois dun posible atropelo. Os feitos tiveron lugar nas proximidades dunha área de servizo á altura do punto quilométrico 39 da AP-9.Todo comezou ao fío das 14:45 horas cando diversos particulares contactaron co 112 Galicia para informar do suceso. Solicitaban axuda médica urxente para unha muller que estaba tendida na vía, preto da saída do concello coruñés de Ordes, sentido Sur.De inmediato, os xestores do 112 puxeron a situación en coñecemento dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que comunicaron a mobilización do helicóptero medicalizado con base en Santiago ao lugar.

Así, os axentes da Garda Civil de Tráfico procederon a cortar a circulación na vía para facilitar as labores de aterraxe da aeronave.

Unha vez no lugar, o equipo médico nada puido facer por salvarlle a vida. Co fin de aclarar o sucedido e contribuír a restablecer o antes posible a seguridade na vía, solicitouse a intervención das forzas da orde. Ademais, desde o 112 tamén púxose a situación en coñecemento dos Bombeiros de Ordes e de Betanzos, da Policía Local e do servizo de mantemento das estradas.De acordo cos axentes de tráfico, malia que un dos carrís da autovía -sentido Santiago- permaneza cortado nestes momentos, é posible circular polo outro.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos