Efectivos do parque de bombeiros de Santa Comba participaron, onte martes, no rescate dun becerro que estaba atrapado nun pozo de xurro no lugar do Sisto, na parroquia de Gándara en Zas.
O animal, que finalmente foi liberado usando eslingas e un guindastre, caera «ao ceder o emparrillado do establo». Contaron coa axuda da Policía Local e da brigada de obras do concello de Zas.

