12.7 C
Santa Comba
domingo, septiembre 29, 2024

Un accidente con tres vehículos implicados deixa unha persoa ferida en Santa Comba

Info-AXEGA 112

Unha persoa resultou ferida na tarde de onte no concello coruñés de Santa Comba a causa dun accidente con tres turismos implicados.Ocorreu ao fío das 19:30 horas cando os vehículos circulaban pola DP-2904, á altura do punto quilométrico 14, ao seu paso pola parroquia de Castriz.

A esa hora, o ocupante dun dos turismos sinistrados chamou ao 112 Galicia para informar da colisión e solicitar a presenza de medios de intervención que puidesen restablecer as condicións de seguridade na vía.

Así, desde o 112 púxose a situación en coñecemento dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos axentes da Garda Civil de Tráfico, dos efectivos de Protección Civil da localidade e do servizo de mantemento das estradas.

Unha vez no lugar, os sanitarios confirmaron aos xestores do 112 Galicia que unha persoa foi evacuada ao Hospital Rosaleda.

Desde o 112 pasouse aviso tamén aos Bombeiros de Santa Comba por se fose necesaria a súa colaboración.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,310SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos