5.4 C
Santa Comba
martes, marzo 26, 2024

Reparando os danos causados polo temporal no concello da Laracha

As intensas choivas e o forte vento do temporal que se deixou notar en Galicia durante os últimos días provocaron danos materiais de diversa consideración na rede viaria municipal que están a ser reparados polo Concello.

A incidencia de maior magnitude foi un desprendemento de terra no Igrexario da parroquia de Lendo que requirirá dunha intervención importante e que está a ser analizada por equipos técnicos. O alcalde, José Manuel López Varela, e o tenente alcalde, José Ramón Martínez Barbeito, desprazáronse ata a zona para coñecer in situ o alcalde da incidencia.

Tamén se produciu un desprendemento de terra, pero de menor entidade, no acceso ao núcleo urbano de Caión pola rúa das Pías, onde o Concello xa realizou as actuacións oportunas para a súa reparación.

No lugar de O Campo (parroquia de Torás) foi preciso facer a drenaxe da cuneta e a posterior limpeza da estrada que quedará anegada de auga, situación que tamén se produciu en determinados puntos da rede viaria próximos ao río Vilán ao seu paso pola parroquia de Cabovilaño.

Ademais, a pasarela de madeira do paseo fluvial do Anllóns sufriu danos provocados pola caída de árbores.En todos os casos os danos producidos afectaron unicamente a infraestruturas públicas municipais. Nos se detectaron danos persoais nin tampouco en bens de titularidade privada.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos