.INFO-AXEGA112
As forzas da orde tratan de aclarar as circunstancias do falecemento desta persoa, que foi rozar unha finca coa axuda do seu tractor no lugar do Loureiro e nada máis souberon del.
Ante a súa demora, ás 21:30 horas de onte, a familia contactou co 112 Galicia, pois desde o mediodía estaban sen noticias da vítima. Igualmente, indicaron que estaban a buscar pola zona, cando, apenas uns minutos despois, chamaron de volta para avisar de que fora localizada sen vida preto do seu tractor.
Sen embargo, a necesidade de aclarar as circunstancias da morte, levaron a intervir aos axentes da Garda Civil e da Policía Local e, por suposto, dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 para facer un recoñecemento que permitise entender as causas do falecemento.