14.2 C
Santa Comba
sábado, febrero 4, 2023

Un incendio calcina un salón dunha vivenda en Santiago

Información-AXEGA 112

O salón dunha casa resultou totalmente calcinado e o fume afectou ao resto das estancias da mesma.

Por fortuna, ninguén resultou ferido aínda que foi necesaria a asistencia sanitaria para atender á dona. Na mesma vivenda reside unha persoa que padece certa inmobilidade, o que provocou alterar o estado de nervios da muller.

O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia tivo constancia do incendio, ao redor das 21:00 horas da pasada noite, a través da chamada de varios particulares que indicaban ver saír fume polas fiestras dun edificio situado no Camiño da Ameixaga, en Santiago de Compostela.

A partir de aí, desde o 112 Galicia pasouse aviso aos Bombeiros de Santiago, que decontado se desprazaron ao punto. Tamén se informou á Policía Local e aos efectivos de Protección Civil.

Tras extinguir o lume, a mesma veciña da afectada chamou ao 112 Galicia para solicitar asistencia para a dona, ao atoparse moi nerviosa. Por elo, os xestores do 112 axiña informaron da situación ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

Ao fío das 23:00 horas, os Bombeiros deron por finalizadas as tarefas de extinción e comunicaron que descoñecen as causas que puideron orixinar o lume

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
Concello de Val do Dubra
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,801SeguidoresSeguir
1,030SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos