O Bloque Nacionalista Galego denuncia que o Partido Popular de Santa Comba «incumpre» a ordenanza de limpeza viaria aprobada polo actual goberno fai dous anos.»Son tan descarados e inúteis que até incumpren as normas que eles mesmos dictan. E iso chámase prevaricación» aseguran os nacionalistas.
Actos do BNG en San Cristovo e en Santa Comba
O BNG informou dun acto político este martes 21 de maio na Escola de San Cristovo ás 9 da noite coa intervención de Xavier Rial Vieites(candidato número 3), de Alberto Calvelo(candidato á alcaldía) e da responsable comarcal Elvira Cienfuegos.E o mércores celebrarase un mitin no Restaurante Leandro da capital municipal coa intervención do candidato Alberto Calvelo e do deputado Xosé Luís Rivas «Mini».