A área recreativa Agra de Chans acolleu a Festa dos Maiores da Baña, organizada polo concello coa colaboración da Deputación provincial, e que contou coa participación dunhas seiscentas persoas, entre elas o alcalde Andrés García Cardeso e membros da corporación municipal.
Empanada, pulpo e carne ao caldeiro
Unha «Pulpeira» de Vedra ofreceu un menú a base de empanada, polbo (pulpo) e carne ao caldeiro. A música foi cousa da agrupación musical Tíralle do Aire, de Negreira. O grupo Los Casineros presentou o espectáculo «Sarabanda».