7.5 C
Santa Comba
viernes, enero 17, 2025

Fantástico ambiente na primeira noite da Festa da Carballeira

XXXV Festa da Carballeira no concello de Zas.

A XXXV Festa da Carballeira de Zas celebrou a súa primeira xornada con miles de asistentes e con diversión e bo oficio por parte dos grupos participantes. O percebeiro, actor, guionista e escritor, Suso Lista, dou o pistoletazo de saída ó comezo de actuacións no escenario Estrella Galicia. Suso recordou os seus anos como asiduo a esta festa.

Despois comezou a música, coa oferta tradicional de Pelepau, e coa irlandesa Niamh Ní Charra “unha música prodixo que empezou a tocar so con 4 anos e mostrou a súa destreza co violín, cantando en inglés e irlandés”.

Pero sen dúbida un dos pratos fortes da noite era a presenza da galega SES, que contaxiou de enerxía ás persoas concentradas na Carballeira de Velar. A artista conectou desde o principio co público e lembrou as súas raíces de Bergantiños. Non fai moito actuou no Asalto ao Castelo de Vimianzo e foi pregoeira na Praza dos Libros de Carballo.Pecharon a velada os The Fatty Farmers coa súa mestura de punk, rock, country, balkan e música irlandesa.

Segunda xornada na Carballeira de Zas

Este sábado ao longo da xornada actuaron Caxade, Os Farrapos, Cé Orquestra Pantasma, os grupos da A.C. Castro-Meda de Zas, “Foliada” de Carballeira. Pola noite o cartel está formado por Xabier Díaz e As Abufeiras de Salitre, Harmonica Dreams, Mánran e Astarot.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,070SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos