Unha persoa resultou ferida despois de que o tractor no que circulaba envorcase en Val do Dubra. Sucedeu en Niveiro do Medio, ao fío das 14:00 horas.
Debido á gravidade das feridas da persoa accidentada, o 061-Urxencias Sanitarias mobilizou o helicóptero medicalizado con base en Santiago, aínda que a persoa ferida foi trasladada a un centro hospitalario, finalmente, nunha ambulancia.
O 112 Galicia tivo constancia do ocorrido a través da alerta dunha persoa particular. Acto seguido, dende o CIAE pasábase o aviso á Garda Civil de Tráfico, ao 061-Urxencias Sanitarias e a Protección Civil. Ademais, dende o 112 Galicia informouse dos feitos aos Bombeiros de Santa Comba e de Santiago.