10 C
Santa Comba
martes, abril 30, 2024

500 recursos contra a taxa de saneamento en Ferrol

O portavoz local do Bloque Nacionalista Galego en Ferrol, Iván Rivas, presentou esta mañá no rexistro municipal máis de 500 recursos contra o recibo da taxa de saneamento que segundo sinalan os nacionalistas «o goberno local está a aplicar en base á ordenanza fiscal do goberno de Rey Varela».

Desde o BNG censuran a decisión do goberno de Ferrol en Común «de incluir o cobro desta taxa nos recibos ordinarios de Emafesa coa clara intención de dificultar que os veciños e veciñas poidan recurrilos ou devolver o seu importe». Están convencidos de que están a conculcar os dereitos veciñais e as garantías administrativas dos cidadáns, ante un goberno que ten «como prioridade salvagardar os intereses de empresas privadas».

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos