9.5 C
Santa Comba
jueves, mayo 2, 2024

Morre un home atropelado mentres camiñaba pola autovía da Costa da Morte

Un home faleceu en Coristanco, na AG-55, tras ser atropelado por un vehículo. Segundo se lle indicou ao 112, a vítima estaba camiñando pola autovía, unha zona restrinxida ao tráfico de peóns.

A primeira persoa que se puxo en contactou co 112 Galicia, ás 21:00 horas de onte, indicou que o varón estaba á altura do quilómetro 46, preto do enlace de Agualada, nos carrís en sentido Vimianzo. Poucos minutos despois, contra as 21:15, outro condutor chamou ao 112 para indicar que o vehículo que o acababa de adiantar atropelara ao home. Engadiu que a vítima quedara tendida na calzada.

O persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias do 112 alertou da presenza do home na autoestrada á Garda Civil de Tráfico e aos servizos de conservación da vía. Unha vez se recibiu o aviso do atropelo, dende o CIAE do 112 alertouse ao 061-Urxencias Sanitarias, aos Bombeiros de Bergantiños, ao GES de Ponteceso e a Protección Civil.

Fonte-Axega 112

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,240SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos