Vídeo Adiante TV- Presentación «A Corda» de The Puntillas teatro.
Outro cheo no auditorio do multiusos neste mes de outubro.A escola de teatro de Santa Comba «The Puntillas teatro» presentou con éxito a súa última produción «A Corda» escrita e dirixida por Xan Martínez.
O numeroso público presente premiou con sonoros aplausos aos actores que participaron nunha obra . Entre os asistentes estaban os concelleiros Esther Espasandín e Juan Carlos Pérez Gerpe(PP) e José Antonio Ucha e Estefanía Calvelo(PSOE).A obra volverá a representarse este vindeiro sábado 14 de outubro no auditorio de Negreira a partir das 9 da noite.
No que se refire a actividade cultural en Santa Comba, este venres 13 continúa o ciclo de monólogos cómicos.Nesta ocasión o protagonista é Carlos Blanco. A partir das 10 da noite. Entrada de balde.