3.4 C
Santa Comba
lunes, abril 29, 2024

Arde un turismo nun garaxe dunha vivenda en Carballo

Un incendio declarado nun garaxe dunha vivenda en Carballo deixa danos materiais. Ardeu un turismo que se atopaba no interior do inmoble. Ademais, o fume propagouse por toda a cocheira e afectou a unha casa lindeira.

Os feitos tiveron lugar na parroquia de San Xoán, no lugar da Grela. Ata o punto desprazáronse, tras recibir o aviso do 112 Galicia, os Bombeiros de Carballo, a Garda Civil, o persoal de 061-Urxencias Sanitarias e Protección Civil.

O CAE 112 Galicia tivo constancia do incendio ás 13:40 horas a través dun particular. Indicaba no seu relato que saía fume polas fiestras da casa do lado. Finalmente, o lume quedou extinguido.

Fonte-Axega 112

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos