Un neno de seis anos resultou ferido en Fene tras sufrir un atropelo. O menor foi evacuado a un centro hospitalario.O accidente produciuse no aparcadoiro dun supermercado situado no barrio de San Valentín.
O 112 Galicia tivo coñecemento dos feitos ás 18:50 horas de onte, a través dun aviso de Urxencias Médicas. Os efectivos sanitarios explicaron que estaban a enviar unha UVI móbil ao lugar dos feitos para asistir á vítima. Pola súa banda, o persoal do Centro de Atención ás Emerxencias do 112 alertou aos Bombeiros de Ferrol, ao GES de Mugardos, a Protección Civil e á Policía Local.
Nota-AXEGA112