6.3 C
Santa Comba
jueves, mayo 2, 2024

Grandimirum rematou o camiño en Muxía

Unhas 23 persoas remataron a cuarta etapa do camiño entre Santiago de Compostela e Muxía pasando por Brandomil. Unha iniciativa coa que a asociación Grandimirum en colaboración con veciños da Pereira(Santa Comba), San Cosme(Mazaricos), Baiñas e Berdoias(Vimianzo), pretende reivindicar ese camiño histórico.

A última etapa realizouse entre Berdoias e a contorna do santuario da Virxe da Barca en Muxía.O concello de Muxía fixo un recibimento na casa consistorial, presidido polo teniente de alcalde, Samuel Lago e pola edila, Tania Romero.

Desde a asociación Grandimirum informan que agora traballarán na identificación do trazado, na recollida de documentación histórica para pedir o recoñecemento administrativo da ruta e a promoción da mesma.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,240SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos