6.2 C
Santa Comba
sábado, abril 27, 2024

Alternativa dos Veciños agarda resposta do PSOE e non descarta gobernar en solitario

Áurea Domínguez mantén a súa palabra de aspirar á alcaldía de Fisterra e de abrir as portas a un goberno de esquerdas como alternativa á forza máis votada nos últimos comicios, o PP liderado por Luis Insua.

Nunha rolda de prensa, desde Alternativa dos Veciños de Fisterra explicaron os avances nas negociacións. Lembraron a decisión do BNG de apoiar a investidura pero “sen integrarse no goberno”.

Piden claridade e transparencia ó PSOE

Con respecto ao PSOE, informaron dos contactos que houbo e aseguraron que estaban á esperar. Aproveitaron o acto “para solicitarlle ó PSOE que sexa claro e transparente na súa posición sobre o apoio para a investidura como alcaldesa de Fisterra da nosa candidata, Áurea Domínguez Sisto, o vindeiro sábado 17 de xuño, sen descartar que nun futuro se puidera acordar un pacto de goberno”.

Alternativa dos Veciños non descarta gobernar en solitario:”Nós sentímonos capaces de gobernar en minoría. Temos forza e ilusión e, si conseguimos os apoios necesarios para a investidura, gobernaremos dispostos a acadar os acordos que sexan necesarios con tódalas forzas políticas para mellorar Fisterra e a calidade de vida dos nosos veciños. Esta dispoñibilidade estará igualmente presente no caso de que quedemos na oposición.”

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos