10.6 C
Santa Comba
sábado, mayo 18, 2024

Besteiro:”Tódolos pactos en contra dos veciños son os pactos da vergonza”

O delegado do goberno en Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, visitou a localidade de Suxo,no concello de Muxía onde criticou a xestión da Xunta con respecto á Costa da Morte.

“Antes de vir pedir os votos veñan pedir perdón polo abandono no que están deixando esta comarca en infraestruturas e servizos”.

Autovía de pleno de Muxía

Criticou a falta de remate da autovía da Costa da Morte e tamén a situación política do concello de Muxía.Aludiu así ao “pacto da vergonza” entre o PP e os concelleiros non adscritos do concello de Muxía, que impediron a constitución do último Pleno municipal, no que se ía aprobar un investimento de 250.000 euros para a mellora do abastecemento de auga en Suxo. O responsable socialista subliñou que “tódolos pactos en contra dos veciños son os pactos da vergonza” porque “non permiten que os pobos avancen e resolvan problemas como o abastecemento da auga”.

Declaracións de Iago Toba

O candidato socialista á reelección, Iago Toba, sinalou que a cidadanía de Muxía está “indignada” pola actitude do PP xunto cos concelleiros non adscritos, que “renuncian a representar aos veciños e veciñas e facer a súa función” como membros electos da Corporación Municipal. Ratificou que os e as representantes do Grupo Municipal do PSdeG “somos representantes dos veciños dende o primeiro ao último día” do mandato.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,240SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos