7.7 C
Santa Comba
jueves, diciembre 12, 2024

Javi Maneiro: ”Este é o meu disco meigo”

Anunciar unha entrevista con Javi Maneiro supón que o teléfono móbil empece a recibir mensaxes. Vocalista de Heredeiros da Crus e Jabón Blue prepara unha xira para presentar o seu cuarto disco en solitario.


Non é un disco calquera. É un disco ben feito que está impregnado dun toque especial, máis ainda nunha terra de druidas e supersticcións.


“Compuxen este disco nun mes, e seis meses antes de que me pasara o que me pasou (un accidente cerebro-vascular). E todo o disco fala dun bonito despertar, dun cambio de vida obrigatorio. Era unha premonición. Este é o meu disco meigo”” lembrou Maneiro.


Un feixe de cancións propias que conforman “Un bonito despertar”. Textos con mensaxes íntimas pero que poden entrar na “play-list” emocional de diferentes persoas:


“Moita xente tivo a paletilla baixa e pode sentirse identificado con estas cancións”.


O artista está rodeado dun elenco de calidade:


“Conseguín xuntar un equipazo de persoas o meu redor, os músicos, un produtor como Fran Gude e a axencia Nalgures que apostou polo meu proxecto.


No programa “Na Encrucillada” de Radio Xallas contou que o repertorio do directo conterá cancións do último disco , de discos anteriores, de Jabón Blue e “Corasón de carballo” de Heredeiros da Crus.


Está ilusionado cos concertos en directo: “Un concerto en directo é conexión. Por iso gústame mirar e ter en conta á xente”.

Javi Maneiro


Onde actúa Javi Maneiro ?

03.02.2024 Boiro | A Pousada das Galicia Imaxinaria, 22.00 horas
04.02.2024 Ourense | Teatro Principal, 20.00 horas
17.02.2024 A Coruña | Playa Club, 22.30 horas
18.02.2024 Lugo | Sala Jagger, 19.00 horas
24.02.2024 Vigo | Master Club, 22.30 horas
25.02.2024 Ferrol | Centro Torrente Ballester, 19.00 horas
02.03.2024 Pontevedra | Teatro Principal, 22.00 horas

Con toda a paixón agarda que 2024 sexa un ano moi fermoso pero sen mirar demasiado ao lonxe. Coa nova perspectiva que ten:


“Estás traballando duro pero a vida dache un ostión e párache en seco. Este é un punto de inflexión para un bonito despertar”.

Cecais un momento óptimo para reparar no poder terapéutico da poesía. A un home como Javi que sempre lle gustou escribir:


“As palabras teñene o poder de sanar, e de mostrar amor e sentimentos”. Totalmente de acordo Maneiro. Agora e mentras non chega o día a seguir disfrutando con “Paletilla baixa”, “A morte non me enjaña”, “Coruxas” ou “Pingüinos”.

Escoita a entrevista a Maneiro desde o minuto 60

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,320SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos