O Grupo Eureka é unha formación nova pero que xa está pegando forte. Está formado por Fany Sánchez, Rosa Urquiza, Adrián Blanco, Alfredo Carlos Asensio e Rafa Moscoso.
Precisamente Fany Sánchez participaba con Xosé Manuel Lema no programa “Na Encrucillada” de Radio Xallas onde resumía a esencia deste grupo:
“O Grupo Eureka distínguese doutras formacións do noso tipo, porque somos unha formación moi cercana, moi fresca, moi divertida e que coida moito os detalles, e lle gustan as cousas ben feitas”.
Escoita a entrevista en Radio Xallas desde o minuto 71
Tamén falou da oferta musical de Eureka:
“ Temos un repertorio moi bailón enfocado a música actual e con ritmos verbeneiros como cumbia, merengue, bachata. E cun final de festa moi rockeiro como me gusta a mín”.
Para que ninguén se aburra:
“Queremos que os mozos poidan disfrutar e cantar e a xente maior tamén poida bailar. Un espectáculo para tódalas idades”.
Actuacións de Eureka na Costa da Morte
Neste mes de xuño teñen varias actuacións previstas nos concellos de Cee, Coristanco, Vimianzo e Carballo.
Xallas (Cee)- 11 de xuño.
Agualada (Coristanco)- 12 de xuño.
Artes (Carballo)- 13 de xuño.
Baíñas (Vimianzo)- 17 de xuño.
Nas plataformas dixitais xa se pode escoitar o seu tema “Eureka ya está aquí”. De momento, Fany Sánchez está encantada de que como están saíndo as cousas:”Tivemos moi boa aceptación por parte das comisións de festas e da xente. Acolléronnos moi ben”