8.6 C
Santa Comba
viernes, marzo 14, 2025

As raíces longas da identidade e da tradición desguedelláronse en Santa Comba

– Xosé Manuel Lema- @xmlema

As raíces longas da identidade e da tradición desguedelláronse no auditorio do multiusos de Santa Comba. Non son un crítico de teatro pero sí podo compartir a experencia persoal de saír dunha función cunha pandeireta soando no peito e a voz fonda da terra anunciando que sexa cal sexa a próxima estación ella sempre está aí.

Quedaría aplaudindo moito máis tempo. Encantoume “Castrapo”, a obra de Gustavo del Río que representaron Os Náufragos dentro do ciclo de teatro do concello de Santa Comba.

Argumento atractivo. Esceas variadas que mesturan reflexión, melancolía pero tamén humor e retranca. Sen mensaxes doctrinarias nin dogmas que enchen os cartafois de moitos autores. Estíbaliz Veiga e Denis Gómez acadan que non perdamos a atención. Excelentes. E Gustavo del Río que nos fai buscalo entre as sombras agardando como nos pode seguir sorprendendo.

E para darlle a “Castrapo” o espaldarazo definitivo, esas voces que rabuñan o corazón, esas pandeiretas que emocionan de Lilaina. Xa teño o nome dunha compañía de teatro á que seguir e tamén a dun grupo musical. Parabéns Náufragos, parabéns Lilaina, parabéns concello de Santa Comba.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,110SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos