15.5 C
Santa Comba
miércoles, septiembre 4, 2024

Organizan unha exposición en homenaxe a Gervasio Sar

“O diván de Freud no faro do fin do camiño”. Así se chama a exposición en homenaxe ao pintor muxián Gervasio Sar, que se vai a inaugurar o vindeiro domingo 1 de agosto(12:00) no edificio de servizos múltiples da Camposa en Muxía.

O acto será clausurado polo conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez e no mesmo intervirán o crítico de arte Xosé Antón Castro, Dimas Búa Sar, sobriño do artista e o alcalde de Muxía Iago Toba. A presentación correrá a cargo do xornalista Xusto López Carril.

Trátase da primeira das actividades de lembranza do pintor muxián que morría o pasado mes de decembro. O evento está organizado polo Concello de Muxía e a Asociación de Amigos de Gervasio Sar, entidade presidida por Teresa Sar Vilela. 

Actúan como comisarios da mostra e responsables do deseño e montaxe da mesma, Xosé Antón Castro e Merce Barrientos. Como patrocinadores e colaboradores participan Xacobeo 21-22, Paradores de Turismo e Adegas Cunqueiro.A exposición permanecerá aberta ata o 30 de setembro.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,300SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos