8.2 C
Santa Comba
viernes, abril 26, 2024

«Feliciano»: Un banquete de humor

A xira do espectáculo “Feliciano” de Pedro Brandariz e Fran Rei, auspiciada pola Xunta de Galicia, está sendo un éxito en tódalas localidades que visita.

Xosé Manuel Lema @xmlema

Permítanme a expresión. Foi para escarallarse. Asistir a representación de “Feliciano” este venres 2 de xaneiro en Santa Comba foi un auténtico banquete de humor. Así o certificaron entre aplausos e risas as persoas que acudiron a esta función organizada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística  da Xunta de Galicia en colaboración co concello de Santa Comba.

Porque Pedro Brandariz e Fran Rei están facendo que a xente goce moito co seu espectáculo cómico. Ao longo da obra que conta con varios “sketches” relacionados co nadal, o divertimento está asegurado. A compañía “Os sete magníficos máis un” xa percorreu un feixe de localidades galegas con “Feliciano”. Pero aínda lle quedan varias citas no seu roteiro.

Os “televisivos” cómicos non defraudan con esta representación dirixida por Iván Prado. Un continuo diálogo entre os dous actores, en diferentes esceas, e que desde os primeiros minutos xa me meten o público no peto, con ráfagas encadeadas e directas e tamén boas doses de retranca.

FOTOS ADIANTE GALICIA  

@AdianteGalicia

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos